lunes, 22 de marzo de 2010

MARATÓN LECTURA

Co comezo da primavera e participando neste maratón de lectura, escenificamos unha adaptación da fábula de Esopo, en castelán, titulada: "El león y la zorra". Ao final aprendemos que : Non debemos fiarnos sempre do que nos din, hai que xulgar as palabras segundo as obras da persoa que as pronuncia.

domingo, 14 de marzo de 2010

FOTOS DO TRAXE GALEGO

Aquí temos fotos do traxe tradicional galego feminino.






Desde aquí, dámoslle as grazas a Carmen López por permitir facer estas fotos no seu taller de artesania de traxes rexionais e por prestarnos distintas prendas para o seu coñecemento.



Para Jorge non era fácil atopar traxe.
Pero..., ata era da súa talla ¿Non si?
Gracias Javier.






Estas fotos son do traxe tradicional galego masculino.

O TRAXE GALEGO

Cos nosos debuxos, queremos amosarvos as pezas do traxe tradicional galego feminino e do masculino. Contamos tamén como é.


























Polo antroido lucímolo os nenos e nenas do 1º ciclo e do 2º ciclo. ¡Que guapos íamos!











domingo, 7 de febrero de 2010

NA BIBLIOTECA

Gústanos ler, por iso tódolos martes os nenos e nenas do 1º ciclo imos á biblioteca do Cole a buscar os contos que máis nos gustan.
Rematamos de ler "A pastelaría de Dona Remedios" de Agustín Fernández Paz e gustounos moito.


No pasado mes de novembro, visitounos Anxo Moure coa súa especial biblioteca, a: "Ciclobiblioteca". ¡Unha bicicleta cargadiña de contos! e todos nos apuramos a botarlles unha ollada. Contounos o conto : O carballo con Botas e animounos moito a ler e coidar sempre o medio ambiente.
Pasámolo moi ben con el nesa xornada tan animada.
E farémosche caso. ¡Xa o verás!




miércoles, 3 de febrero de 2010

O DIA DA PAZ

O 29 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Intentaremos que ese día dure todo o ano.
Entre todos decoramos unhas pombas para o mural da entrada.
Lemos para os nosos compañeiros e compañeiras un conto da Paz e pintamos dous cadros para que escolleran o que creran que a representaba mellor e explicamos por que o Rei do noso conto elexira un deles.


Nós tamén escribimos cada un o noso conto tendo en conta os nosos cadros.
E aprendemos unha canción que nos ensinou Flor:


El patio de mi cole
es particular,
en él no hay peleas
y jugamos en paz.
Abrázate
y vuélvete a abrazar
que los abrazaditos
se quieren mucho más.





lunes, 1 de febrero de 2010

Celebramos o Nadal

Fixemos postais de Nadal para enviar aos nosos compañeiros e compañeiras de Lleida e de Ibiza para felicitalos. Eles tamén nos escribiron a nós e puxémonos ben contentos cando recibimos tantas felicitacións.






No Cole participamos no festival de Nadal interpretando "La Princesa Ratona" e máis un playback.

Pasámolo moi ben e ó final veu o Rei Gaspar a traernos un agasallo e recoller os nosos desexos.