domingo, 7 de febrero de 2010

NA BIBLIOTECA

Gústanos ler, por iso tódolos martes os nenos e nenas do 1º ciclo imos á biblioteca do Cole a buscar os contos que máis nos gustan.
Rematamos de ler "A pastelaría de Dona Remedios" de Agustín Fernández Paz e gustounos moito.


No pasado mes de novembro, visitounos Anxo Moure coa súa especial biblioteca, a: "Ciclobiblioteca". ¡Unha bicicleta cargadiña de contos! e todos nos apuramos a botarlles unha ollada. Contounos o conto : O carballo con Botas e animounos moito a ler e coidar sempre o medio ambiente.
Pasámolo moi ben con el nesa xornada tan animada.
E farémosche caso. ¡Xa o verás!




miércoles, 3 de febrero de 2010

O DIA DA PAZ

O 29 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Intentaremos que ese día dure todo o ano.
Entre todos decoramos unhas pombas para o mural da entrada.
Lemos para os nosos compañeiros e compañeiras un conto da Paz e pintamos dous cadros para que escolleran o que creran que a representaba mellor e explicamos por que o Rei do noso conto elexira un deles.


Nós tamén escribimos cada un o noso conto tendo en conta os nosos cadros.
E aprendemos unha canción que nos ensinou Flor:


El patio de mi cole
es particular,
en él no hay peleas
y jugamos en paz.
Abrázate
y vuélvete a abrazar
que los abrazaditos
se quieren mucho más.





lunes, 1 de febrero de 2010

Celebramos o Nadal

Fixemos postais de Nadal para enviar aos nosos compañeiros e compañeiras de Lleida e de Ibiza para felicitalos. Eles tamén nos escribiron a nós e puxémonos ben contentos cando recibimos tantas felicitacións.






No Cole participamos no festival de Nadal interpretando "La Princesa Ratona" e máis un playback.

Pasámolo moi ben e ó final veu o Rei Gaspar a traernos un agasallo e recoller os nosos desexos.