jueves, 29 de octubre de 2009

Animación á Lectura.












































Todos os nenos e nenas de 2º queremos invitarvos a ler e a que vexades os nosos carteis.

Recomendámosvos estes libros porque a nós gustáronnos moito.
E agora imos ler: "A pastelaría de dona Remedios" de Agustín Fernández Paz.
















lunes, 26 de octubre de 2009

MAGOSTO

Todos e todas participamos no Magosto.

Apañamos as castañas no souto e escollemos as mellores.

Traémolas adentadas para que non estoupen ao asalas.
Os nenos maiores axudan aos "profes" preparando o lume con estelas.

Cando hai un bo braseiro botan as castañas na grella e reméxenas cun enciño cada pouco para que non se queimen.


Eles vanas probando para saber se están ben asadiñas e ao remate, comémolas todas.


Mentras tanto pasámolo ben con xogos populares e sobre todo co "Castañón", parecido ao xogo da "Oca".


Plantando



Preparámonos para plantar.

Buscamos envases reutilizables e enchémolos de terra nas toupeiras.

Neles plantamos castañas, landras e sementes das froitas do comedor e da nosa casa.

Regámolas e esperamos que nazan as plantiñas.

Quitámoslles as herbas e vémolas medrar.

Todos somos encargados de regalas e coidalas.