lunes, 26 de octubre de 2009

MAGOSTO

Todos e todas participamos no Magosto.

Apañamos as castañas no souto e escollemos as mellores.

Traémolas adentadas para que non estoupen ao asalas.
Os nenos maiores axudan aos "profes" preparando o lume con estelas.

Cando hai un bo braseiro botan as castañas na grella e reméxenas cun enciño cada pouco para que non se queimen.


Eles vanas probando para saber se están ben asadiñas e ao remate, comémolas todas.


Mentras tanto pasámolo ben con xogos populares e sobre todo co "Castañón", parecido ao xogo da "Oca".


No hay comentarios:

Publicar un comentario